NOSOUTROS

Casa Goás pensión-restaurante é un negocio familiar onde podes comer, durmir e pasar un bo momento nun ambiente acolledor; rexentámolo unha terceira xeración. A nosa andaina comezou no ano 1944.

Atopámonos no centro de Abadín, entre Mondoñedo e Vilalba, localidade ben situada para desprazarse no coche, coñecer a provincia, a propia cidade de Lugo ca súa muralla ou a costa lucense cas súas praias como a das Catedrais.

TFN: 982 508 005  *  24h: 647 453 696
Avenida de Galicia, 23      Abadín (Lugo)      27730